Club Deportivo Colexio Mariano

O Colexio Mariano ten unha bagaxe deportiva moi dilatada na cidade de Vigo. Aínda que tradicionalmente o baloncesto fose o deporte rei da nosa escola hoxe en día o fútbol sala ten tamén un papel moi activo.


Neste momento as actividades extraescolares de Predeporte, Baloncesto e Fútbol Sala contan con máis de 150 rapaces e rapazas adestrando e competindo. O Colexio Mariano adícase de cheo a inculcar nos nosos xogadores e xogadoras o espírito deportivo, así como os valores de honradez, disciplina e respecto aos rivais. A partir de 6 anos en fútbol sala e de 7 en baloncesto, os rapaces que así o desexen poden competir de forma oficial nas competicións zonais e autonómicas organizadas polas respectivas federacións.


O noso principal obxectivo, en todas as modalidades, é a formación dos nenos, primando sempre o comportamento e a educación aos resultados deportivos. Para nós, o nivel físico na práctica do fútbol sala e o baloncesto nestas idades é importante pero non fundamental, polo que ademáis da sana competición traballamos a transmisión de valores sociais.


A práctica do deporte convértese nunha vía educativa máis, que axuda aos escolares a incorporar a súa vida diaria beneficios físicos derivados destes deportes (resistencia, elasticidade, rapidez de reflexos) e, tamén, os derivados de seren deportes de equipo (compenetración cos compañeiros, levar adiante un proxecto comunitario, cooperación).


O noso estilo deportivo non é un modelo convencional de actividade extraescolar, senón que buscamos sacar o mellor de cada un dos nosos xogadores, aportándolle sempre o tempo que sexa necesario para a súa mellor evolución, co axuda de adestradores que leven por bandeira a implicación e a vocación, para así ser uns auténticos educadores ademais de preparadores físicos e mestres.


Debido a grande competitividade e a gran cantidade de Clubs cos que competimos fan moi difícil que un colexio acade éxitos deportivos. O traballo, as ganas e o tesón de todo o “staff técnico” e, sobre todo, dos nosos xogadores e xogadoras, fíxonos desfrutar de grandes logros deportivos como foi gañar ligas locais e tamén autonómicas, así como, participar nalgunha ocasión en Campionatos de España.
 

 

 

 

Twitter

https://twitter.com/CDColexMariano

Contacta con el Club
cdcolexiomariano@gmail.com